BAXI FERROL: A polas tres finais

O derbi galego caeu do lado do Ensino ao vencer por 72-63 ao Baxi Ferrol.

O conxunto ferrolán non puido levar onte o derbi a pesar de empezar o encontro moi igualado, mesmo co Baxi superando no marcador aos seus rivais durante o primeiro cuarto en varias ocasións, que ao final terminaría cun parcial de 12-12. O segundo cuarto as cousas non foron ben para o Baxi deixando un parcial de 22-13 a favor das locais. O Ensino estaba máis acertado e soubo aproveitar ese momento de bajón do Baxi. Tras o descanso, as xogadoras de Liño López saíron mellor ao terceiro cuarto, como o demostrou o parcial de 15-20 e que facía crer na remontada. No último cuarto, houbo instantes en que parecía que se podería empatar o partido, pero de novo o Ensino volveu lograr distancia no marcador e sentenciou o partido.

O Baxi non ten nada perdido aínda, aínda quedan 3 partidos por diante, aínda que a marxe de erro estea nos seus mínimos, pero aínda é posible dar un golpe sobre a mesa e gañar todo o que falta.

Fotos: Baxi Ferrol

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),