Baxi Bisbarra en xogo

BAXI FERROL: Si, se pode

O Baxi Ferrol vence ao Casademont Zaragoza por 74-49 nun gran partido das ferrolás, que demostraron o enorme talento que teñen cun xogo rápido, enérxico e rebosante de intensidade e acerto desde o primeiro minuto de xogo.

Antes do inicio do encontro, o Baxi homenaxeou á súa xogadora, Alicia Villegas, tras a lesión sufrida no encontro da pasada xornada e á que lle desexamos unha pronta recuperación.

O partido comezou cun Baxi moi ofensivo e con moito acerto, en especial, Taylor Koenen (17 puntos, 11 rebotes e 5 asistencias), que cada incursión cara a canastra sumaba puntos. Aínda que ao final do primeiro cuarto, nunha arrancada das visitantes igualaron o marcador cun 14-14.

No segundo cuarto, comezou o vendaval ferrolán, cun parcial de 19-10 co que as locais comezaban a distanciarse no marcador, chegando ao descanso cun 33-24. Pero foi no terceiro cuarto, onde o partido sentenciouse, ao lograr un avultado parcial de 21-5 que deixaba o resultado nun 54-29 e á afección empuxando como nunca.

O último cuarto foi máis nivelado, con intercambio de canastras entre ambos os conxuntos e obtendo así un parcial de 20-20, deixando o resultado final en 74-49.

O Baxi terá agora que disputar as cinco finais que quedan para lograr a permanencia. A primeira das finais será contra as líderes, o Valencia BC, o martes 29 de marzo ás 20:00 horas no Pavillón A Malata.

Baxi Ferrol (74): Taylor Koenen (17), Milica Ivanovic (14), Carmen Grande (13), Jenna Allen (14), Sune Swart (6), Patricia Cabrera (3), Dynn Leaupepe (2) e Natalia Rodríguez (5).

Cadademont Zaragoza (49): Merritt Hempe (2), Sierra Calhoun (18), Lara González (5), Antonia Delaere (4), Vega Gimeno (12), María Bettencourt (4), Anna Cruz (0), Zoe Hernández (2), María Koustourkova (2) e Ana Winkowska (0).

Parciais: 14-14, 19-10, 21-5 e 20-20.

Árbitros: Asier Quintas Álvarez, Jesús Marcos Martínez Prada e Alejandro Aranzana García.

Incidencias: 25ª xornada da Liga Endesa Feminina no Pavillón A Malata.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas