BAXI FERROL: Máis líder tras conquistar o derbi ante o Celta Zorka Recalvi

O Baxi Ferrol levouse o derbi ante o Celta Zorka Recalvi por 73-57, suma a quinta vitoria consecutiva da Liga Challenge e aínda é máis líder tras as derrotas do Recoletas Zamora e o Club Joventut Badalona.

Bonito duelo o vivido no derbi entre o Baxi Ferrol e o Celta Zorka Recalvi. Arrincou o partido cun Baxi que puxo un parcial de 7-0, pero o Celta reaccionaba e empataba o encontro. Ata o final do cuarto, intercambio de canastras na que o Baxi saíu vencedor deixando o resultado en 15-11 cun triplo final de Irene Garí.

No segundo cuarto as de Lino López subiron o ritmo de xogo aportando moita más velocidade nos ataques e cunha alta porcentaxe de acerto en cada lanzamento, deixando un resultado de 38-24 ao descanso, +14 de vantaxe e con Irene Garí como máxima anotadora das locais con 10 puntos, mentres que polas visitantes foi Musa con 8 puntos.

No terceiro cuarto arrincaron mellor as visitantes que chegaron a recortar a distancia no marcador ata poñerse a 7 puntos por abaixo no ecuador deste período. Tras un tempo morto solicitado por Lino, as ferrolás recuperaron o ritmo e novamente aumentaron a vantaxe do encontro ata +18, cun resultado de 62-44 e con Jenna Allen como máxima anotadora local con 15 puntos polos 11 de Senosiain e Musa por parte das visitantes.

No último cuarto, os dous equipos estiveron máis imprecisos ata os minutos finais. O Celta non baixaba os brazos, pero o Baxi respondía a cada canastra rival e ao final as locais sumarían levarian o derbi por 73-57 con Jenna Allen como máxima anotadora das locais con 15 puntos, mentres que Cliney foi das visitantes con 13 puntos.

O conxunto ferrolán logrou así a quinta vitoria consecutiva e aínda son máis líderes da Liga Challange coas derrotas do Recoletas Zamora ante o CAB Estepona Jardín Costa Sol por 69-58 e do Club Joventut Badalona ante o Vantage Towers Alcobendas por 81-67.

RESULTADO: Baxi Ferrol 73-57 Celta Zorka Recalvi

BAXI FERROL: Claudia Soriano (4), Nevena Dimitrijevic (-), Irene Garí (13), Ángela Mataix (5), Julieta Mungo (6), Marta Gómez (2), Marianne Kalin (4), Jessica Féquière (11), Andrea Boquete (13) e Jenna Allen (15).

CELTA ZORKA RECALVI: Luize Sila (6), Anne Senosiáin (11), Murjanatu Musa (11), Marina Gea (6), Regina Aguilar (6), Elba Garfella (4), Alejandra Sánchez (0), Ajla Selimovic (0), Sara Vidal (0) e Doniyah Cliney (13).

 CUARTOS: 15-11, 38-24 (23-13), 62-44 (24-20) e 73-57 (11-13).

ÁRBITROS: Josep Lluis Presseguer Bombardo e Jesús Fernández García. Sinalaron un total de 26 faltas, 16 das locais e 10 das visitantes.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 21ª xornada da Liga Challenge celebrado no pavillón de A Malata.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia