O Bergantiños FC presentou a camiseta oficial do centenario que esta tempada 2022/23 levará o primeiro equipo no seu segundo ano consecutivo na Segunda Federación. Ano especial para o club que se verá reflectido no equipamento para unha campaña que se presenta ilusionante.
No ano 2023 o Bergantiños FC chegará aos seus 100 anos de historia, todo un fito para a entidade, así como para a toda a sociedade carballesa. Cen anos desde a súa creación nos que se cultivaron grandes éxitos deportivos que non serían posibles sen os apoios cada día a todos os equipos do Bergan.
A praza do Concello de Carballo foi o escenario da presentación coa presenza do alcalde Evencio Ferrero, o adestrador José Luis Lemos e os xogadores Canedo, Boedo, Remeseiro, Agulló, Brunet, Estramil, Salhi, Pablo e Iago.