Como dixo o xeneral e cónsul romano Julio César: “Veni, vidi, vici”. O Racing chegou a terras madrileñas co obxectivo de comezar a tempada con vitoria, dominou ao rival cun gran fútbol de presión alta e conquistou os tres puntos na primeira xornada co gol de Manzanara nos instantes finais do encontro.
Os de Parralo enfrontáronse ao sempre perigoso Rayo Majadahonda e a tónica do partido foi presionar a saída dos locais co balón desde o primeiro minuto, xerando moitas perdas a favor do Racing e moita inseguridade nos locais, que se vían obrigados a enviar balóns longos.
Os ferroláns apenas sufriron, cunha defensa moi sólida e todo o conxunto ben ordenado, imposibilitando que os locais puidesen xerar ocasións, mentres que o Racing achegábase unha e outra vez con internadas perigosas de Héber e Carlos Vicente, ou os remates no 29’ de Manzanara e de Manu Justo no 61’ que rozaron o poste.
A única chegada perigosa dos rivais produciuse no 85’, nun bo remate de Jeisson e que Gazzaniga despexa cunha gran parada.
No 92’, o sempre omnipresente Héber, saca un córner que rebota entre o visitante Jaume Jardí e o local Ofoli e a pelota cae a Manzanara que fusila desde a área pequena a portería visitante e outorga os tres puntos ao Racing.
Boa imaxe dos pupilos de Parralo no comezo da tempada e que para esta campaña reforzáronse coas chegadas de xogadores de calidade como Luca Ferrone, Enol Coto, Tomás Bourdal, Brais Martínez, Jesús Bernal, Carlos Vicente, Jaume Jardí e Manu Justo.
RESULTADO: Rayo Majadahonda 0 – 1 Racing de Ferrol.
RAYO MAJADAHONDA: Lucho García, Francis, Ofoli Quaye, Casado, Pinillos, Mario, De Iriondo, Guille (Abreu 79’), Alayeto (Nando 88’), Néstor (Ozkoidi 60’) e David (Jeisson 60’).
RACING DE FERROL: Gazzaniga, Luca Ferrone, Jon García, David Castro, Pumar, Manzanara, Jesús Bernal, Álex López (Jaume Jardí 76’), Carlos Vicente, Héber e Manu Justo (Joselu 72’).
GOLES: 0-1 Manzanara (92’).