O Bergantiños FC pechou a primeira volta da Segunda RFEF de ilusión, ao ocupar unha das praza da fase de ascenso a Primeira RFEF entre os cinco grupos da categoría.
Os carballeses son quintos (25 puntos), no Grupo 1, tan só superados por Unión Adarve (40), Pontevedra FC (35), CDA Navalcarnero (30) e SD Compostela (29) entre os 18 conxuntos.
Os xogadores de José Luis Lemos pechan os primeiros 17 encontros con seis vitorias, sete empates e catro derrotas (UP Langreo, 3-0; UD Llanera, 1-2; Unión Adarve, 2-1, e CDA Navalcarnero, 0-2). Ademais, o inicio do 2022, coa disputa da última xornada da primeira volta, saldouse cun triunfo fronte ao Arosa SC (2-1). Ademais, non se pode obviar que disputou dúas eliminatorias da Copa do Rei, ambas no campo As Eiroas: CD Tudelano, 2-0, e Rayo Vallecano, 1-3.
A macha do conxunto carballés na liga conta co mellor persoal na historia do club, está a ser regular, con bo fútbol e cunha clara vocación ofensiva. O equipo competiu sempre nesta primeira volta de campionato, o que o levantou a esas prazas de privilexio que ocupa e nas que estivo en seis das 17 xornadas. Precisamente, o reinicio da segunda volta foi nas Eiroas fronte ao UP Langreo (0-1), unha das súas bestas negras na primeira volta da liga.
Outra gran noticia é que Hugo Díaz, do Salamanca, convertiuse na nova fichaxe do conxunto carballés.