REFORZOS: Bugy, Casais, Vela e José Javier Cotelo

O meta Bugy e o dianteiro Víctor Casais para a SD Fisterra, o medio Diego Vela para o At. Arteixo e o dianteiro José Javier Cotelo para o Laracha CF son os últimos reforzos nos conxuntos da zona en Preferente.

David Martínez Loureiro, “Bugy” (Carballo, 1993). O porteiro chega á SD Fisterra procedente do San Tirso. Bugy está avalado pola experiencia baixo os paus. Ademais de participar na Escola de Porteiros Nordés, militou en equipos como As Pontes, Volantes de Baño, At. Coruña Montañeros, Sporting Zas, Sofán ou Bergantiños.

Víctor Casais Leis (Muros, 2002). O dianteiro centro chega á SD Fisterra do Silva. Na tempada 2020-2021, Víctor xogou no Burgos CF xuvenil; na 2019-2020 co Conxo Santiago, tamén en División de Honra xuvenil, e antes no Bergantiños FC, formación na que marcou 21 goles alternando o primeiro equipo.

Diego Vela Vázquez (A Coruña, 1991). O medio, que pode actuar de lateral chega ao At. Arteixo do Racing Villalbés. O polivalente futbolista ten unha traxectoria destacada, xogou no Bergantiños FC, Diósgyör VTK de Hungría, Racing de Ferrol ou Real Deportivo B.

José Javier Cotelo González (A Coruña, 1997). O dianteiro chega ao Laracha CF procedente do Vitoria CF. O novo atacante levaba dúas campañas no Vitoria FC (21-22 e 20-21), así como formou parte do Imperátor OAR (15-16 a 19-20 no primeiro equipo).

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas