BILLARDA: 11ª xornada

A pasada fin de semana celebrouse a 11ª xornada de billarda no campo de fútbol das Encrobas en Cerceda.

A pesar de ser un día nubrado, a choiva deu tregua e púidose disputar ao aire libre baixo un céspede en perfecto estado para gozar plenamente da billarda. Deste modo, os resultados da 11ª xornada foron os seguintes:

CATEGORÍA ABSOLUTA: O primeiro posto foi para Xan Rodiño, da Lúa de Forza de Sanxenxo, seguido por Viqueira, de Cochiqueiros de Cerceda e Gándara, do Filloas de Sangue da Coruña.

CATEGORÍA FEMININA: A campioa da xornada foi Delia, de Chaínzos-Cadaval de Castro de Rei, con Raquel, de Cochiqueiros, na segunda posición e Mercedes, do Campo da Feira de Paiosaco, na terceira praza.

CATEGORÍA INFANTIL: Abel, do Campo da Feira, foi o vencedor, mentres que Kevin, da APB A Laracha, quedou segundo e Valentín, do Filloas de Sangue, terceiro.

CATEGORÍA POR EQUIPOS: A primeira praza foi para Campo da Feira, a segunda posición para Lúa de Forza e o terceiro posto para Cochiqueiros.

Fotos: billarda.gal

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas

BILLARDA: 8ª xornada

A oitava xornada da Conferencia Noroeste de Billarda celebrouse no campo de fútbol municipal do Pastoriza SCD. CATEGORÍA INFANTIL: 1º Kevin (APB – A Laracha).