BILLARDA: 12ª xornada

Disputouse unha nova xornada de billarda, a 12ª, esta vez en Narón. Nun principio ía ser ao aire libre, pero ante o ameazante ceo nubrado e prognósticos de choiva, finalmente disputouse no pavillón de Sedes.

Antes de comezar a xornada, Xulio Ponte recibiu unha merecida homenaxe por cumprir 100 xornadas de Liga de Billarda Noroeste. Entra a formar parte do grupo de xogadores Noroeste centenarios, xunto con Lois Fontán, Berdillo, Viqueira e Collazo.

Deste xeito, os resultados da 12ª xornada foron os seguintes:

Categoría absoluta: O vencedor da xornada foi Óscar Ponte, do Campo da Feira de Paiosaco, con Collazo, do mesmo equipo, de subcampión e Añón, da APB A Laracha, como terceiro.

Categoría feminina: Mercedes, do Campo da Feira, foi a campioa, con Delia, do Chaínzos – Cadaval de Castro de Rei, ocupando a segunda posición e Marisa, da Lúa de Forza de Sanxenxo, como terceira.

Categoría infantil: Venceu Abel, do Campo da Feira, mentres que Aleixo de Cochiqueiros de Cerceda foi segunda e Valentín, do Filloas de Sangue da Coruña, foi terceiro.

Equipos: Campo da Feira dominou a xornada e proclamouse campión, sendo APB segundos e Filloas de Sangue terceiros.

A próxima xornada será o 8 de maio en Laracha.

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia