JUNE MORENO: Ao campionato de España Cadete de Judo

Esta fin de semana celébrase en Pamplona o Campionato de España de Judo Júnior e Cadete.

O club Ad Judo Ferrolterra terá como representante a June Moreno na categoría cadete de +70kg.

Despois dunha longa tempada, competindo nas categorías cadete, júnior e sénior, June afronta este campionato tentando estar na loita polas medallas. Partirá como cabeza de serie número 2.

Esta competición é o gran obxectivo da judoca eumesa. Este Campionato desenvolvésese no Pavillón Navarra Arena de Pamplona, o sábado 30 de abril, a partir das 9 da mañá.

Acompañaraa no Campionato o seu adestrador e técnico federativo, Alberto Castro.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),