A mañá chuviosa e con forte vento provocou que a sexta xornada, que estaba programada para disputarse en Arteixo, tivese que realizarse en Folgueira – Castelo (Culleredo).
Os resultados da quinta xornada foron os seguintes:
Categoría Absoluta: O campión desta xornada foi Xulio do Campo da Feira de Paiosaco, ocupando a segunda praza Bonxe do Chaínzos – Cadaval de Castro de Rei e no terceiro posto Roi da APB da Laracha.
Categoría feminina: Delia, do Chaínzos – Cadaval, alzouse coa primeira posición, sendo Lu da Lúa de Forza de Sanxenxo a subcampioa e Isa do Campo da Feira a terceira clasificada.
Categoría Infantil: A primeira posición foi para Abel Ponte do Campo da Feira, a segunda praza para Óscar García de Cochiqueiros de Cerceda e a terceira posición para Kevin da APB.
Equipos: Unha vez máis, o Campo da Feira logrou a vitoria da xornada, sendo Filloas de Sangue da Coruña o segundo clasificado e APB na terceira posición.
Mostrouse especial agradecemento ao Concello de Arteixo pola organización da xornada, entrega de trofeos, agasallos e difusión deste deporte, así como ao Concello de Culleredo por ceder as súas instalacións.
A 7ª xornada disputarase o 12 de decembro en Carballo nas pistas do Chorís.