Con cada nova tempada os equipos apostan por crecer como entidade para lograr obxectivos ambiciosos que lles permitan subir de categoría. Esfórzanse por mellorar as súas instalacións, por crear estruturas de traballo máis profesionais ou por mellorar a calidade do seu material de adestramento. Todo iso coa intención de ser máis competitivos e atraer a xogadores/as prometedoras que dean un salto de calidade aos seus equipos.
Unha das figuras que máis evolucionou neste proceso de mellora continua é o adestrador/a. Cada vez contan con maior coñecemento de técnica, táctica ou preparación física, grazas aos cursos específicos para adestradores/as que imparten tanto as federacións deportivas como centros de estudos privados.
Pero, a día de hoxe, os temarios formativos seguen se contar cunha formación específica para fomentar os valores no deporte, así como saber atallar situacións de violencia, que os capacite para desenvolver os coñecementos e ferramentas suficientes á hora de formar aos seus equipos en valores e ser capaces facer fronte a situacións de violencia que se poidan vivir nas súas contornas deportivas.
Por este motivo, o equipo WATS creou a primeira formación universitaria para adestradores/as en deporte con valores e prevención de violencia, coa cal adquirir os coñecementos teóricos clave, xunto con actividades e dinámicas a poñer en práctica para reforzalos. Pero por que é tan importante a figura do adestrador/a?
O DEPORTE COMO ESPAZO DE DESENVOLVEMENTO HUMANO
O ámbito deportivo é un dos lugares onde os máis novos poden desenvolverse mellor como persoas, e por iso é importante que os seus adestradores/as estean capacitados e teñan recursos para afrontar situacións e conflitos que xeran violencia.
Cremos que a área de psicoloxía deportiva debe potenciarse e integrarse dentro das dinámicas de traballo que xa existen. E para iso, a nosa formación divídese en tres módulos:
Creación de equipos con valores: poñer en marcha dinámicas de traballo onde os deportistas sexan conscientes da importancia que teñen os valores á hora de crecer como deportistas e persoas. Para eles, créanse tarefas específicas que axuden a identificar situacións de xogo onde poder poñelos en práctica.
Mediación e psicoloxía deportiva: aprender a previr situacións violentas que se poidan dar nas súas contornas e a fomentar a cultura da non-violencia con accións específicas.
Prevención da violencia no deporte: saber como actuar ante os diferentes tipos de violencia coñecendo os protocolos de actuación que axudan e dan solución ás vítimas da violencia.
No equipo WATS cremos que aqueles adestradores/ as con competencias en deporte con valores son capaces de crear contornas máis humanas, adaptándoos para que todos os e as deportistas sentas seguros e gocen do deporte, e primando o desenvolvemento saudable das persoas sobre a competitividade desmedida.