BILLARDA: O Aberto de Paiosaco foi un éxito

O V Aberto de Fin de Ano celebrouse no recinto feiral de Paiosaco nun campo especial a de asfalto e lastras organizado polo equipo anfitrión Campo da Feira.

Palanadores/as chegados das provincias galegas disputaron unha xornada deportiva cun tempo agradable para estas datas con moita afluencia e respectando as medidas para previr a pandemia mediante o uso das máscaras e a petición dos certificados de vacinación por parte da organización.

Os resultados do Aberto foron os siguientes:

Categoría feminina: Mercedes, do Campo da Feira de Paiosaco, alzouse coa vitoria, con Marisa da Lúa de Forza de Sanxenxo ocupando a segunda praza  e Ángeles do Filloas de Sangue da Coruña na terceira posición.

Categoría absoluta: O vencedor foi Lito da APB A Laracha, mentres que Miranda do Filloas de Sangue foi segunda e Xan Rodiño foi o terceiro.

Categoría infantil: Abel do Campo da Feira proclamouse campión, mentres que a segunda praza foi para Lucas, tamén do mesmo equipo e o terceiro posto foi para Guillermo do Filloas de Sangue.

Todos os participantes infantís recibiron agasallos e desde a organización agradeceuse a asistencia a todos por participar neste evento e ao Concello de Laracha pola súa colaboración.

Compartir:

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn

Novas relacionadas