BILLARDA: Xogáronse só as finais infantil, varados e equipos

Por culpa do mal tempo, non se puideron disputar as finais feminina e absoluta, polo que aprázanse para o domingo 5 de setembro a partir das 16:00 horas no campo de Billarda de Nantes, en Sanxenxo.

O campo de Billarda de Nantes en Sanxenxo presentaba un aspecto impecable, aínda que o ceo gris auguraba que en calquera momento a choiva faría acto de presenza. Durante a mañá, desde as 11:00 horas comezaron as finais, primeiro a infantil, logo disputouse a final de varados e finalmente por equipos. Así chegamos ao descanso e poder xantar a famosa empanada de nécoras de Marisa, ata que a choiva cobrou protagonismo e decidiuse aprazar as finais feminina e absoluta para setembro.

RESULTADOS DA FINAL:

Na categoría infantil venceu Xián da Lúa de Forza de Sanxenxo, mentres que o subcampión foi Hugo do Gharaboto de Marín e o terceiro posto ocupouno Aroa do Billardeiros Musicais de Ribadeo.

O campión por equipos foi a Lúa de Forza de Sanxenxo, co Campo da Feira de Paiosaco na segunda posición e Rinoceronte de Pontevedra ocupando a terceira praza.

En canto a categoría de varados, tamén coñecida como categoría de golpeo, o campión foi Juanchi da Lúa de Forza, quedando Juan Carlos do Campo da Feira no segundo posto e Che do Rinoceronte na terceira posición.

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas