BISBARRA EN XOGO: presentes na charla de normas de xogo organizada pola SD Oza

Víctor Recarey, delegado dos árbitros da delegación da Costa da Real Federación Galega de Fútbol e Bruno Méndez, árbitro de terceira división, mantiveron unha tertulia informativa no local social de Oza (Carballo) coa presenza de medio centenar de asistentes.

Ao evento organizado pola SD Oza en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol, acudiron José Antonio Lorenzo, presidente, Adrián Varela, adestrador, Javier Vilariño, directivo e xogador da SD Oza e multitud de xogadores e invitados que puideron estar presentes na tertulia.

O delegado dos árbitros, Víctor Recarey, e Bruno Méndez falaron e responderon aos asistentes sobre as arbitraxes no fútbol. E fixérono con gran maestría.

Bisbarra en xogo acudiu a esta reunión e repartiu exemplares da última edición da revista a todos os asistentes.

Poidedes disfrutar do vídeo da charla no noso canal de Youtube.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas