O Corme CF – Soneira SD e o Volantes de Baño FC – CF Dumbría, dobre derbi para abrir a tempada 2021-2022 no grupo 2º – subgrupo B da Primeira Galicia.
A Primeira Galicia comezará o 17 de outubro, e os sete equipos da Costa están encadrados no grupo 2º – subgrupo B que forman dez equipos, o que implicará que sempre se producirá cada xornada dous ou mesmo tres derbis. Así, na primeira xornada son Corme CF – Soneira SD e Volantes de Baño FC – CF Dumbría. Os demais equipos son CD Baio, Mazaricos CF e Puenteceso SD. O resto de conxuntos para completar a liguiña corresponden ao CD Belvís, SD Tordoia e SD Negreira.
No grupo 1º – subgrupo B, estará o Club do Mar que tamén iniciará a liga o día 17 recibindo ao SD Brexo Lema.