Gran parte da “culpa” da boa traxectoria do Meirás CF recae en Borja Sedes, gardián titular da meta do líder do grupo Ferrol da Segunda Futgal e que encaixou, ata o momento, só catro tantos ante o Moeche, Narón O Freixo, Rosalía e Cebarca.
Ademais, cando o seu lugar o ocupou Bruno Penas, con tres titularidades en liga ante o Neda, Cabanas e Mugardos “B”, a portería quedou a cero, demostrando que o Meirás ten un par de muros que estarán aí cando os rivais consigan sobrepasar á zaga defensiva.