Diego Dopico: intensidade, posesión e ataque como acenos de identidade

Un dos principais artífices da boa marcha do CF Mandiá no campionato ligueiro reside na figura do seu adestrador, Diego Dopico.

O técnico do CF Mandiá é un romántico do fútbol, traballador e capaz de sacar o mellor rendemento aos equipos que dirixe, tal e como demostrou nas tres tempadas no Meirás CF. Diego chegou esta tempada ao conxunto ferrolán e a súa man faise notar, sendo un amante de defender co balón, esixir intensidade aos seus pupilos e que a pelota circule de xogador a xogador sen rifar balóns.

O conxunto atópase nunha boa dinámica de resultados e xogo, marchando como terceiro na competición ligueira do grupo 2 da Terceira Futgal e cun balance de nove vitorias, un empate e tres derrotas nas trece xornadas que levan disputadas.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas