BTT ROTEIRO DA CARAMIÑA: Reunión no Concello de Camariñas

A PC Baikers Do Vilán e representantes do Concello de Camariñas ultimaron as 3 horas BTT Roteiro da Caramiña, do día 6 de febreiro.

O PC Baikers Do Vilán e o Concello de Camariñas ultimaron os preparativos das 3 horas BTT Roteiro da Caramiña, que será o 6 de febreiro. Alí estiveron Fabián Canosa, concelleiro de Deportes, e Moncho Canosa, técnico de deportes, polo Concello, e Juan Ramón Martínez, presidente; Pedro Romar, secretario, e Marcos Martínez, tesoureiro, por parte dos Baikers. A proba será a terceira das cinco que forman o circuíto Galego de Resistencia BTT. O número máximo de participantes será de 300 e desenvolverase nun circuíto de 6,4 quilómetros. A empresa Gadis colabora coa organización.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde