O GRAN CAMIÑO: Volve O Ézaro

O miradoiro O Ézaro volverá vivir os latexados da Volta a España con motivo da proba galega, final da segunda das catro etapas.

As duras ramplas do Ézaro volverán ser protagonistas no panorama internacional de ciclismo con motivo de “O Gran Camiño”, unha competición que reunirá a equipos World Tour (Movistar, Cofidis ou Israel Star- Up Nation), UCI Prol Team (Euskatel – Euskadi ou Eolo Kometa) e os continentais (Atum Xeral – Taviera ou RP Boavista). Así recuperará unha Volta profesional na comunidade. O Gran Camiño, baixo a organización de EME Sports, do que é xerente Ezequiel Mosquera Míguez, será unha competición nova e integrada por catro etapas, cada unha delas en cada provincia galega.

O Ézaro volve estar no primeiro plano do ciclismo internacional, como o fixo na Volta a España nos anos 2012, 2013 (final en Fisterra), 2016 e 2020, esta última cunha contrarreloxo individual. O Gran Camiño terá eco na pequena pantalla, xa que Ezequiel Mosquera informou que Eurosport estará presente nas catro etapas. Non hai que esquecer que este proxecto roldará os 700.000 euros de orzamento. Esta volta ten categoría 2.1 UCI, algo que xa fala do gran éxito da mesma.

Así está o programa:

1ª etapa Porriño-Vigo
24 de febreiro (163 km)

2ª etapa Bertamiráns – O Ézaro
25 de febreiro (177 km)

3ª etapa Maceda – Luíntra
26 de febreiro (148 km)

4ª etapa Contrarreloxo individual
Sarria (15,9 km)

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas