CAMPIÓNS NO 2021: Beto Lorenzo, Kobas, Dany Castro e Álvaro Freire

Beto Lorenzo, a nivel nacional, e Javier Ramilo “Kobas”, Dany Castro e Álvaro Freire, a nivel autonómico, alzáronse esta tempada 2021 cos títulos nas súas categorías en autocróss. Beto, en kartcross promoción; Kobas, en kartcross; Dany, en + 1.600 cc e Álvaro, en – 1.600 cc.

PREGUNTAS:

PREGUNTA 1: Esperabas o título?
PREGUNTA 2: Onde se decidiu?
PREGUNTA 3: Cales foron os rivais?
PREGUNTA 4: O peor momento da tempada?
PREGUNTA 5: Algún agradecemento especial?

Alberto Lorenzo Longueira, “Beto” (24/12/2000, Razo-Carballo)

Empecei a competir no ano 2014 no galego de karting, fun 3º e no 2015, campión. En 2016 en autocross júnior e a finais de 2017 paseime a kartcross. En 2019 quedei 3º no galego e este 2021 campión de España. Corrín con Kincar (levo de 2019) e ca Escuadra Máis Motor.

Resposta 1: O título ao principio de ano non o esperabamos.

Resposta 2: O título decidiuse en Mollerussa, na última proba do campionato.

Resposta 3: Todos os rivais foron moi rápidos e moi duros. Ata catro pilotos chegamos con opcións a Mollerussa: Roberto De Miguel, Ferrán Fornell, Fredi López e eu. Despois outro rival moi forte foi Juanín Pandiella.

Resposta 4: O peor momento foi a carreira de Carballo, que rodábamos 3º na final e tiven que abandonar por unha rotura. Aí perdemos puntos de fronte ao campionato.

Resposta 5: Agradecer todo aos meus patrocinadores por apoiarme cada ano, que sen a súa axuda sería moi complicado afrontar a tempada.

Javier Ramilo Queijo, “Kobas” (7/3/1983, Cobas – Sofán)

Empecei en Santa Comba 2003. Conseguín 2 subcampionatos galegos de autocross, 3 campionatos de rallymix (este ano o último) e quedei 2 veces terceiro do campionato de España. O coche é un Yacarcross 2021 e a escuadra Yacar Racing. Gañei o 1º Carcross Trophy Arteixo.

Resposta 1: Non, pero quería loitar por el desde o primeiro momento.

Resposta 2: O título decidiuse en Arteixo e a verdade e algo que xa levábamos esperando moito tempo.

Resposta 3: Os nosos principais rivais na clasificación foron Antón Muíños e o meu compañeiro de equipo Darío Calviño.

Resposta 4: Esta tempada tiven unha lesión que me fixo perder dúas carreiras, pero por sorte non foi ningunha do campionato galego de autocross.

Resposta 5: Quero agradecer a todo o meu equipo Yacar Racing o apoio que me ofrece, porque sen eles non seria posible este título.

Daniel Castro Iglesias, “Dany” (6/5/1985, Holanda)

Empecei a competir oficialmente en 2007, pero xa corría anos antes en xincanas, das que nunca as esquecerei. Teño cinco subcampionatos galegos (2014, 2015, 2016, 2018 e 2019) e o campionato deste ano que tanto se fixo derrogar, pero que non preocupábame moito, pois o bonito é gozar dás carreiras en boa compañía. Corro con Máis Motor e teño o Peugeot 106 de cor vermello.

Resposta 1: Este ano esperaba gañar o galego por ganas e por ritmo.

Resposta 2: Creo que se decidiu ao longo de todo o ano, porque corremos todo o que puidemos cada vez que saímos á pista.

Resposta 3: Os rivais foron todos, porque todos queriamos gañar e corren moito.

Resposta 4: O peor momento da tempada foi na semifinal de Carballo, porque tiñamos a pole e queriamos gañar na casa.

Resposta 5: Agradecementos á familia e amigos, que levan tantos anos aí comigo.

Álvaro Freire Villar (17/02/2000, A Laracha)

Empecei no 2018 estreando o coche que teño, no nacional de Carballo. Ese ano só faría esa proba. No 2019, dúas en Carballo. No 2020 non houbo pola pandemia. O título foi este ano, a maiores fun 1º no nacional de Carballo, en Off Road. Teño un Peugeot 106 e corro con Máis Motor.

Resposta 1: Non é de esperar ao principio da tempada.

Resposta 2: Decidiuse na última carreira do ano en Arteixo, onde con só catro carreiras, as contas chegaban moi axustadas.

Resposta 3: Os rivais foron: Isaac Calvo, Álex Mallo, Manu “Sofán” e Martín Castro. Este último é co que nos xogábamos o campionato.

Resposta 4: Deportivamente a primeira carreira en Arteixo foi a peor do ano, onde nas semifinais perdía a primeira posición nas ultimas voltas. E persoalmente o peor momento foi o día anterior da carreira de Carballo que anunciáronme o falecemento de miña tía.

Resposta 5: Como sempre, agradecer aos meus pais, familia e amigos, que sen eles non sería posible, nin as carreiras serían o mesmo.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas