34º RALLYE CIDADE DE NARÓN: Víctor Senra foi o vencedor

Víctor Senra segue imparable e adxudicouse o Rallye Cidade de Narón.

O piloto de Yacar Racing e o seu copiloto, Alejandro López, lograron unha marca de 01:11:17.400 co seu Skoda Fabia Rally2 Evo. O piloto dumbriés declarou ao final do 34º Rallye Cidade de Narón: “Esta é a recompensa a un traballo de 10, estamos súper orgullosos”.

A segunda posición foi para o dúo formado por Jorge Pérez e Miriam Beira, que rexistraron un tempo de 01:13:20.000 co seu Skoda Fabia R5 da escuadra Congostra Team Sanxenxo.
A parella formada por Luis Vilariño e Javier Martínez, do One Seven, ocuparon a terceira posición co seu vehículo Skoda Fabia Rally, cunha boa marca de 01:13:32.600.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Álex Varela: “Reforzámonos ben”

Desde a ambición competitiva e o instinto goleador emerxe Alejandro Varela Maceiras (Miño, 1998), coñecido como Álex Varela. Mediapunta de formación e dianteiro por determinación,

Artai: “Somos unha piña”

O atacante Artai Miraz Casal (Ferrol, 1997) é vertixe e determinación ao servizo do Meirás, onde afronta a súa segunda tempada. Formouse no Racing desde