O Concello de Carballo anunciou que en breve quedará operativo o parque biosaudable e de calistenia na Praza do Hospital

A Concellaría de Deportes achega á veciñanza un novo recurso co que pretende facilitar a práctica do exercicio físico ao aire libre. Moi pronto estará operativo o novo parque biosaudable e de calistenia da Praza do Hospital, que se amplía como espazo de lecer para toda a cidadanía tras o peche ao tráfico dun treito […]
O vindeiro venres día 1 e sábado día 2 de agosto celebrarase nas instalacións do Club de Golf Campomar a 1ª Proba do IX Circuito «Gauzón Ibérica».

As saídas serán o venres ás 15:00 h. e o sábado ás 9:00 e 15:00 h. A modalidade de xogo será Stableford Individual Hándicap e os xogadores participarán divididos en dúas categorías, a 1ª categoría ata hándicap 18,4 e a 2ª categoría desde hándicap 18,5, resultando premiados os dous primeiros clasificados hándicap de cada categoría. […]
Os tiradores dumbrieses: O tiro costeiro está sempre ben representado polos irmáns Fabián e Víctor Domínguez

O tiro é deses deportes que perduran na historia e nunca pasan de moda, entretido pola súa dificultade e alta capacidade de concentración, así como pola súa versatilidade grazas ás múltiples modalidades das que dispón. A Costa non se quixo quedar fóra deste deporte e conta con dous tiradores de elite como son os irmáns […]
Os campións e as campioas dos trofeos de Bisbarra en xogo 2024/25

Tras finalizar as tempadas de fútbol e fútbol sala, xa temos aos vencedores e ás campioas dos nosos trofeos, logrando os galardóns este ano os xogadores Iván Rojo, Robin Mallo, Djibril Diame, Isma Ramos e Nico Rosa, e as xogadoras Noemi García, Eva Lema, Rut Castro e Paula Fandiño. EDICIÓN BERGANTIÑOS, ARTEIXO, A COSTA, MUROS […]
Recibimento no Concello de Carballo ás patinadoras de Escola Lubiáns que veñen de proclamarse campioas galegas na modalidade “Show”

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, recibiron ás patinadoras do Escola Lubiáns – Garaysa, que veñen de proclamarse campioas galegas de patinaxe artística da 2º categoría, na modalidade Show. O equipo, composto por 19 patinadoras de doce a vinte anos de idade, xa acadaran a pasada temporada o subcampionato galego, […]
Gran xornada de Liga Judo de Ferrolterra

O pasado sábado disputouse no Pavillón do Colexio Sagrado Corazón – Mercedarias, a 24ª Liga de Ferrolterra en categoría sub-11, sub-9 e minis, así como a terceira xornada da Clasificación Intercentros de Ferrolterra nas categorías cadete, infantil, alevín e benxamín. E para concluír a xornada de judo, pola tarde realizáronse exames de cinturón laranxa/verde a […]
O I Torneo Club Rítmica Carballo reunirá este sábado máis de 400 ximnastas de 18 clubs galegos

O Pavillón Vila de Noia acolle este 31 de maio o I Torneo Club Rítmica Carballo, que pretende converterse nun gran escaparate do labor que vén facendo nas dúas últimas tempadas a entidade. A súa presidenta, Manuela Velo; a vicepresidenta, Fátima Suárez, e as adestradoras Carla Jove e Alba Varela presentaron esta primeira edición da […]
O Trofeo Concello de Carballo reunirá o 24 de maio unha ampla representación da canteira do ciclismo do noroeste peninsular

A clásica proba, que organiza o Club Ciclista Carballo, non só atrae aos equipos galegos, senón que en cada edición amplía o seu ámbito de influencia. Para este 2025 está confirmada a presenza do Emico-Bembibre, de Castela e León, que acudirá con oito cadetes, o Maguisa Guijuelo e o Zamora Enamora. Os detalles fixéronse públicos […]
Copa Galega de Promesas do Slalom en Dumbría

Esta fin de semana do 3 e 4 de maio o Campo de Slalom de O Couquiño acollera a Copa Galega de Promesas de Slalom, competición reservada ó mellores infantiles e cadetes de Galicia. Xa nos días prévios se poido apreciar máis movemento de deportistas na zona, posto que coa colaboración do Concello de Dumbría, […]
Pickleball Club Ferrol domina o II Campionato galego da disciplina

Equipos como A Coruña Pickleball, Pickleball Pontevedra ou o Mercantil de Vigo alzáronse con varios metais nalgunhas das categorías disputadas. Os ferroláns fan valer o feito de contar cunha das máis destacadas instalacións deste emerxente deporte na Gándara. A pasada fin de semana tivo lugar nas instalacións de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa, o II […]