Pickleball Club Ferrol domina o II Campionato galego da disciplina

Equipos como A Coruña Pickleball, Pickleball Pontevedra ou o Mercantil de Vigo alzáronse con varios metais nalgunhas das categorías disputadas.

Os ferroláns fan valer o feito de contar cunha das máis destacadas instalacións deste emerxente deporte na Gándara.

A pasada fin de semana tivo lugar nas instalacións de Fexdega, en Vilagarcía de Arousa, o II Campionato de Galicia de Pickleball, organizado pola Federación Galega de Tenis. Durante dúas intensas xornadas de competición, os mellores xogadores da Comunidade déronse cita para disputar as categorías absolutas (individual e dobres masculino, feminino e mixto) o sábado, e as categorías +50 e sub14 o domingo.

Unha vez máis, o Pickleball Club Ferrol, con sede nas instalacións de PicklePoint, demostrou por que Ferrol é hoxe o epicentro galego do pickleball. Os resultados, con 6 ouros, 7 pratas e 4 bronces, avalan o gran nivel dos seus xogadores e o traballo continuado que vén realizando desde o club para fomentar este deporte emerxente.

O pickleball, unha disciplina que mestura elementos do tenis, o bádminton e o ping-pong, consolidouse como o deporte con maior crecemento a nivel mundial, grazas á súa accesibilidade, dinamismo e carácter inclusivo. Neste contexto, PicklePoint destaca como instalación pioneira en España ao contar con pistas profesionais especialmente deseñadas para a práctica do pickleball, o que a converte nun referente non só en Galicia, senón en todo o país.

O club ferrolán, que apostou por unha formación de calidade e a organización regular de actividades e competicións, soubo canalizar esta revolución deportiva cara a unha canteira sólida e unha comunidade cada vez máis ampla. Nun panorama no que o pickleball afiánzase como deporte de masas, Ferrol sitúase á vangarda.

Desde o Pickleball Club Ferrol e PicklePoint seguirase impulsando este deporte coa mirada posta no crecemento nacional e a consolidación de Galicia como territorio de referencia.

 

MEDALLEIRO ABSOLUTO

Dobres Absoluto Masculino:

OURO: Juan Pablo Tarazona e Diego Tarazona (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

PRATA: Santi Otero e Rubén García (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

BRONCE: Asís Garrido e Asís Garrido Jr. (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

Dobres Absoluto Feminino:

OURO: Iria Sampedro e Rafaela Sestelo (Mercantil Vigo)

PRATA: Noelia Lorenzo e Sabela Uriz (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

BRONCE: Tamara Pereiro e Irene Lin (Pickleball Pontevedra)

Dobres Absoluto Mixto:

OURO: Sabela Uriz e Asís Garrido Jr. (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

PRATA: Tamara Pereiro e Manuel Expósito (Pickleball Pontevedra)

BRONCE: Carolina Martínez e Asís Garrido (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

Individual Absoluto Masculino:

OURO: Juan Pablo Tarazona (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

PRATA: Rubén García (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

BRONCE: Francisco Yáñez (Mercantil Vigo)

Individual Absoluto Feminino:

OURO: Iria Sampedro (Mercantil Vigo)

PRATA: Sabela Uriz (Activa 3)

BRONCE: Carolina Martínez (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

 

MEDALLEIRO +50

 Individual +50 Masculino:

OURO: Ignacio Garrido (Mercantil Vigo)

PRATA: Francisco Yáñez (Mercantil Vigo)

BRONCE: Enrique Álvarez

Individual +50 Feminino:

OURO: Marina Asensio (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

PRATA: Gabriela Ochoa (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

BRONCE: Adriana González

Dobres +50 Masculino:

OURO: Ignacio Garrido e Emilio Carballés (Mercantil Vigo) y (D10 – Lugo)

PRATA: Ricardo González e Isidro Rodriguez (CCD Sanxenxo)

BRONCE: Lois Silva e Manuel Iglesias (Pickoleiros)

Dobres +50 Mixto:

OURO: Ignacio Garrido e Begoña Pereira (Mercantil Vigo)

PRATA: Juan Carlos Tarazona e Gabriela Ochoa (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

BRONCE: José Mosquera e Susana Marcos

 

MEDALLEIRO SUB 14

Dobres Sub14 Unisex:

OURO: Lucas Faraldo e Asís Garrido Jr. (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

PRATA: Jesús Varela e Mateo García (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

BRONCE: Rodrigo Álvarez e Alberto Varela

Individual Sub14 Unisex:

OURO: Asís Garrido Jr. (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

PRATA: Jesús Varela (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

BRONCE: Martín Alcalá (Pickleball Club Ferrol – PicklePoint)

 

Info e fotos: Pickle Point

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucho: “A clave é a confianza”

O centrocampista de corte defensivo do Galicia de Mugardos, Luis Dopico Martínez (Ferrol, 2003), coñecido como Lucho, formouse nas categorías inferiores do Racing e tras