César: “O equipo é especial pola sensación de familia que hai”

O pivote César Filgueiras Allegue (Cabanas, 2000) é un dos nomes propios do Balonmán Pontedeume.

Formouse na canteira e representa o sentimento de pertenza ao equipo. Máximo artilleiro da liga regular, combina traballo, carácter e olfacto ofensivo para liderar a un grupo que soña co ascenso.

Que ten este equipo que o fai especial para loitar polo ascenso?
O equipo é especial pola sensación de familia que hai, no sentido de que os directivos, os adestradores e mesmo parte da afección son xente que xogou no equipo e que achegou o seu gran de area ao club. É bonito ver que, mesmo despois da súa etapa como xogadores, seguen dalgún xeito implicados e apoiando, e saber iso fai que queiras dar máis e que non queiras que os esforzos de toda esa xente que estivo antes ca ti caian en saco roto.

Cambia moito a mentalidade ao pasar da liga regular á fase polo título?
Persoalmente a miña mentalidade non cambia, quero gañar independentemente do rival, pero si é certo que na liga regular hai máis oportunidades de emendar erros e malos partidos, mentres que agora unha mala actuación nun partido pode deixarnos fóra, polo que hai que estar aínda máis concentrados.

¿Como te sentes ao ser o máximo goleador da liga regular?
Non me afecta demasiado, sinceramente, aínda que supoño que é unha maneira de saber que estou achegando ao equipo, pero non deixo que se me suba á cabeza nin nada.

Foto: sadmoody241

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas