Falar de Chimpo Rodríguez na Costa e facelo sobra unha lenda do balonmán, máximo goleador do Balonmán Calvo Xiria e todo un referente aos seus 36 anos para toda a xuventude que comeza a dar os seus primeiros pasos nesta disciplina. Falamos con el e contounos varias cousas, tanto do aspecto individual como do colectivo.
“O Balonmán para min significa moitísimo, de feito levo xogando levo xogando dende os 5-6 anos ata agora, nos 36. Quitando unha pequena etapa onde non estiven no Xiria, por motivos persoais, non porque eu non quixera estar, o resto da miña vida paseina no club, xa que o Xiria e a miña casa e en canto volveron chamar non dubidei en retornar, xa que gracias ao Xiria e a todos os adestradores que tiven, que foron moitos e moi bos, son o xogador que son e tamén a persoa que son, gracias ao deporte.”
“A tempada a verdade é que a estou vendo moi ben, viñamos dunha situación difícil o ano pasado con moitas baixas, moitos cambios e xente xoven, pero xa dende o fin da tempada pasada e os comezos da actual vexo moita motivación na xente e moitas ganas de xogar. É unha categoría difícil, pero eles adestrando ben e apertando para xogar nesta categoría están a conseguir que as cousas ata o momento vaian saíndo moi ben, o gran traballo nos adestramentos están a dar o seu froito. O grupo ademais e moi bo, onde levámonos todos moi ben, aínda que eu son o máis veterano, tamén teño a miña parte de xuventude facendo bromas no vestiario.”
“A nivel individual a verdade e que estou marcando moitos goles é amosando un nivel bastante bo, gracias tamén ao traballo dos compañeiros. Agardo poder seguir a este nivel, non ter ningunha lesión. Como tamén é o meu último ano no balonmán, estou a desfrutar moitísimo mais, non como a tempada pasada que ao estar loitando pola permanencia sempre se sufre un pouco mais, aínda que non se deixa nunca de desfrutar xogando ao balonmán. Pero a verdade é que este ano estou desfrutando moito co meus compañeiros, intentaremos seguir coa boa liña e terminar a tempada o mais alto posible desta fermosa categoría que é a Primeira Nacional. É o meu último ano e estou aquí para desfrutalo ao máximo cada día.”