CLUB DE REMO MUROS

Unha xeración para a historia do deporte muradán

Din que o bo, se breve, é dúas veces bo. E iso o amosou mellor que ninguén o club de remo de Muros nesta tempada de bateis express, na que pese a incerteza coa que saíron a competir aló por
finais de xaneiro, e ao parón ao que se viron obrigados pola terceira onda da pandemia, lograron uns históricos resultados que permiten ao equipo seguir crecendo.

A cousa xa pintaba ben cando lograron clasificar ás sete categorías que tiveron (alevín, infantil, cadete, xuvenil, absoluto masculino e alevín, cadete feminino) para o territorial norte, metendo seis delas na final do provincial celebrado en Rianxo. O éxito non quedou aí, e tanto o xuvenil masculino como as categorías femininas conseguiron meterse no campionato galego, onde mentres as rapazas quedaban a un segundo da final, o xuvenil adestrado por Dani Canosa lograba o segundo posto despois de ser superado unicamente por Bueu.

Un segundo posto que lles deu acceso para o LXXVI Campionato de España de Bateis, que se celebrou en Meira (Moaña). Non era o primeiro para o equipo formado por Irene Lamela (patrona), Iván Novío (marca babor), Gabi  Fernández (marca estribor), Luis Santos (segundo de proa), Mexi (proa) e Anxo (reserva), xa que en 2019 saíran campións nacionais da categoría cadete.

Non puideron repetir o título, e Bueu volveu a superarlles por seis segundos na regata final, pero a prata nacional pechou o círculo dunha das mellores xeracións na historia do remo da Costa da
Morte, xa que era a súa última regata na categoría. “Remar tantos anos xuntos, permítenos saber como vai a reaccionar cada un e como vai reaccionar tamén o barco, por iso é unha vantaxe”, remarca Irene Lamelas en declaracións a Bisbarra en Xogo. A patrona, ademais, resaltou que o éxito era algo que se vía vir: “vendo como estábamos traballando, sabíamos que existía a posibilidade, aínda que despois nunca sabes como anda o resto. Pero o que tiñamos ao noso favor, tanto Bueu coma nós, era o saber estar neses momentos, porque xa temos experiencia, e de aí ven a diferenza co resto».

 

Traíñas

O club afronta a súa terceira tempada na Liga A de Traíñas, que este ano comezará o 26 de xuño, precisamente, en Muros. Por iso, o equipo está xa na fase de preparación competindo cas traiñeiriñas, unhas embarcacións máis grandes que os bateis pero máis pequenas que as traíñas. De feito, o pasado 1 de maio competiron nesta modalidade en A Puebla, e aínda teñen varias probas por diante antes de comezar definitivamente a Liga A.

Unha liga que a directiva aposta a que será moi competitiva, e na que Irene Lamela será por primeira vez a patrona da embarcación sénior: “O obxectivo é non descender, porque somos un bloque moi novo e temos que consolidarnos na liga. ¡E por suposto desfrutar!”

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas