COPA DO REI FÚTBOL SALA: O Parrulo Ferrol xogará o mércores 16 co Jaén Paraíso Interior

O Parrulo Ferrol ten un día especial marcado no calendario, o deste mércores 16 de novembro, onde recibirá ao Jaén Paraíso Interior (Primeira División), na cuarta rolda da Copa do Rei, nunha eliminatoria a partido único que se disputará a partir das 20:15 horas no Pavillón de A Malata.

Para este partido, os abonados e abonadas do Parrulo Ferrol deberán retirar a súa entrada en despacho de billetes, o cal abrirá o mesmo día do partido, ás 18:45 horas, cos seguintes prezos:

– Entrada abonado xeral (maiores de 16 anos): 5 euros (presentando carné e entrada na porta).

– Entrada abonado nenos e nenas (menores de 16 anos): Entrada gratuíta (presentando carné na porta).

– Entrada abonado protector: Entrada gratuíta (presentando carné na porta).

Para o público xeral, o despacho de billetes tamén abrirá o mesmo día do partido, ás 18:45 horas, cos seguintes prezos:

– Entrada xeral (maiores de 16 anos): 10 euros.

– Entrada nenos e nenas (de 5 a 16 anos): 5 euros.

– Entrada menores de 5 anos: Entrada gratuíta.

O Parrulo Ferrol quere facer un chamamento especial á súa afección para este partido, ante un rival do máximo nivel, co obxectivo de tentar dar a sorpresa nesta eliminatoria e poder avanzar de rolda, o que permitiría aos ferroláns poder seguir soñando.

Info e imaxe: O Parrulo Ferrol

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas