COPA DO REI: Nas Eiroas xa está todo a punto

En marcha o dispositivo especial para o partido da Copa do Rei entre o Bergantiños e o Rayo Vallecano. O Concello de Carballo instalou unha grada supletoria que permite ampliar o aforo do campo de fútbol das Eiroas ata 1.200 persoas.

Nas Eiroas xa está todo a punto para o partido da Copa do Rei que xogarán mañá mércores o Bergantiños e o Rayo Vallecano, un cara a cara que se repite 34 anos despois e que, de seguro, volverá a facer historia. O Concello de Carballo está a traballar permanentemente en coordinación co club para que este evento deportivo se desenvolva nas mellores condicións.

Na reunión celebrada este luns, con representación de ámbalas partes e das forzas de seguridade, quedou definido o dispositivo especial de seguridade, que inclúe o peche da rúa Bronce, no treito comprendido entre as rúas Lousa e Estaño, a partires das 16.00 horas, ademais da presenza de efectivos da Policía Local, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil.

Ademais, o Concello de Carballo vén de instalar unha grada supletoria con capacidade para 550 persoas, o que permitirá ampliar o aforo ata 1.200 espectadores/as. Tamén se reforzou a iluminación, como xa se fixo para a anterior eliminatoria.

O partido comezará ás 19.00 horas, pero as portas do complexo das Eiroas estarán abertas a partires das 17.30. As entradas están á venda hoxe de 19.45 a 21.00 horas, ata completar aforo. O prezo é de 10 euros para socios/as e de 15 para o resto do público.

Información: Concello de Carballo

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia