UNIÓN CLUB CEE: O equipo continúa a súa campaña en ascenso na liga feminina

O Unión Club Cee está a afrontar a súa terceira tempada na historia do club co mesmo obxectivo que a pasada campaña, ser campión do grupo e disputar a fase de ascenso a Primeira División Autonómica.

Neste exercicio, as xogadoras de Rafa Suárez e Isidro Caamaño teñen un serio rival no CF Noia, único equipo que logrou superalas no que vai de competición e faltan dúas xornadas para concluír a primeira volta. A formación ceense, que experimentou mínimos cambios no seu persoal, á que se sumaron catro novas futbolistas que van desde os 13 aos 16 anos, está a callar un campionato regular, con bo fútbol e cunha clara intención ofensiva. Iso provoca conseguir o triunfo con varias goleadas e, cando a situación non se presenta tan favorable, o equipo sabe sufrir para sacar adiante os encontros.

A idade media do cadro de persoal é de 17,28 anos, é dicir, que segue na liña dos cursos pasados con moita mocidade nas súas filas, aínda que algunha xogadora xa exhibe experiencia a pesar da súa curta idade.

Os dous encontros que faltan para concluír a primeira volta disputaraos no mes de xaneiro. O primeiro visitando en Santiago ao Victoria FC “C”, que será o día 9, e o segundo no estadio San Paio de Refoxos recibindo ao Unión Deportiva Cerqueda, o día 16 en derbi costeiro. Pero esta campaña, ademais do líder CF Noia, as ceenses teñen rivais directas como o SR Calo, Cacheiras SD ou CD Unión de Asados. Polo que está a ser unha liga máis disputada que as dous anteriores nas que estivo o UC Cee e nas que quedou terceira (19-20) e primeiras (20-21).

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

O Parrulo vence e convence

Primeiros tres puntos para O Parrulo tras vencer no pavillón da Malata ao UD Ibiza por 6-2 na segunda xornada da Segunda División Futsal. Bonito

Manu Méndez, lenda do Balonmán Xiria

“Un xogador diferente e especial”. Así poderíase definir ao que agora pasa a ser unha lenda do Balonmán Xiria, Manuel Méndez Cabeza, “Manu” (Carballo, 1989),