O coristanqués, con 21 anos, debutou co Villarreal CF na 1ªeliminatoria da Copa do Rei fronte ao Victoria CF.
O xogador de Coristanco Daniel Esmorís Tasende, un dos produtos destacados da canteira do Bergantiños FC, cumpriu un do seu soños o pasado 30 de novembro, e por iso dixo: “Moi contento polo meu debut na Copa do Rei co Villarreal CF”. O futbolista zurdo fíxoo, curiosidades da vida, no estadio Abanca Riazor, da Coruña, fronte ao Victoria CF (0-8). Dani, de 21 anos, está a facer unha gran tempada co equipo B do Villarreal, que milita esta campaña na Primeira RFEF.
O xogador entrou no seu debut no primeiro equipo no minuto 64 e substituíu ao seu compañeiro Dani Raba. Nos 26 minutos que disputou, realizou 12 pases bos e mostrou unhas maneiras impropias dun debutante, debido a que se lle viu seguro en cada intervención que realizou sobre o céspede coruñés.
O PARTIDO
Victoria CF: Jano; Praza, Pipo, Adri Méndez (Diego Expósito, min 80), Mandayo (Jorge Rodríguez, min 73); Javi Sande, Sergito; Sergio Rodríguez (Padín, min 56), Martín Mauriz (Iván Patiño, min 73), Raña; Iago Pérez (Iago Rial, min 80).
Villarreal CF: Asenjo; Mario Gaspar, Dela (Carlo, min 80), Mandi, Estupiñán (Gerard Moreno, min 63); Chukwueze, Iborra, Alberto Moreno, Rubén Pena (Nikita Iosifov, min 64); Raba (Dani Tasende, min 64) e Alcácer ( Dia, min 46).
Goles: 0-1, min 17: Alberto Moreno; 0-2, min 21: Alberto Moreno; 0-3, min 28: Mandi; 0-4, min 37: Alcácer; 0-5, min 50: Chukwueze; 0-6, min 74: Gerard Moreno; 0-7, min 82: Dia; 0-8, min 87: Iosifov.
Árbitro: González Fortes, do Comité Asturiano.
Incidencias: Uns 6.000 espectadores acolleu as bancadas do estadio municipal Abanca Riazor, da Coruña.
DEBUTANTES NA CANTEIRA AMARELA
Un soño cumprido no Submarino Amarelo foron para Adrián de la Fuente, Daniel Esmorís Tasende e Nikita Iosifov, que debutaron co primeiro equipo do Villarreal CF ao gozar de minutos no encontro fronte ao Victoria CF, na primeira eliminatoria de Copa do Rei.
Dela foi titular e xogou 80 minutos, mentres que Daniel Esmorís Tasende e Nikita Iosifov entraron como revulsivos no segundo tempo. O centrocampista ruso ata viu portería, anotando o oitavo gol do partido. O centrocampista do Villarreal CF “B” Carlo Adriano, que xa debutou co primeiro equipo en partido oficial a pasada campaña en Copa do Rei fronte ao S.D. Leioa, tamén tivo participación no triunfo “groguet” en Riazor.
Foto: Villarreal