JUAN CABREJO: A súa traxectoria

Juan Manuel Cabrejo Pasantes (Camariñas, 1975) xogou ao longo de máis de 20 anos, desde os seus inicios no equipo da súa localidade natal.

Cabrejo, lateral zurdo, tivo unha longa traxectoria como futbolista profesional. Os equipos nos que Juan Cabrejo vestiu as súas camisetas foron Betanzos CF (96-97), SD Compostela B (97-98), SD Compostela (98-00), SD Eibar (00-02), Elche CF (02-03), Atlético Ceuta (03-04), SD Eibar (04-05), FC Cartaxena (05-09), CCD Cerceda (09-16), SD Órdenes (16-17) e SD Compostela (17-18).

Como adestrador, neste momento está na SD Fisterra, e antes estivo no SD Negreira. A gran traxectoria de Juan Cabrejo foi recoñecida coa creación da Escola de Fútbol Concello de Camariñas – Juan Cabrejo.

Juan Cabrejo acode cada martes e cada xoves ao campo Irmás Patiño para dirixir a Escola de Fútbol Concello de Camariñas que leva o seu nome.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas