Édgar Vigo e Fátima Ameneiro a polo FIA European Rally Trophy

Esta fin de semana comezará a tempada de 2024 de Édgar Vigo e Fátima Ameneiro, a que será a 21ª tempada ininterrompida en activo no mundo do motor. En 2023, os de Fene foron subcampións do FIA ERT e este ano volverán loitar pola vitoria.

Do mesmo xeito que en 2023, o seu obxectivo será estar presentes en sete ou oito competicións ao longo doutros tantos países europeos, sendo o seu calendario inicial, o seguinte:

– Rallye Ain Xura (Francia)
– Rallye Cesky Krumlov (República Checa)
– Zagreb Delta Rallye (Croacia)
– Rallye Weiz (Austria)
– Rallye Bulgaria
– Rallye Nova Gorica (Eslovenia)
– Rallye San Remo (Italia)
– International Lausitz Rallye (Alemania)

Édgar Vigo: “Estamos moi ilusionados con poder volver competir a nivel europeo. Despois do comezo en 2020, esta será nosa 4ª tempada a nivel continental e é un soño poder estar en tantos países facendo o que máis nos gusta, viaxar e correr en coches”.

Fátima Ameneiro: “Espero atoparme mellor fisicamente, xa que levo un tempo con molestias nas costas desde o ano pasado, pero estou moi ilusionada de poder gañar un título FIA”.

Esta semana, o equipo desprázase aos Alpes franceses, na fronteira con Suiza, para afrontar o Rally Ain Jura, primeira proba do FIA_ERT na que tomarán parte, a bordo dun Peugeot 208 Rally4.

Info e foto: Scracth Fene

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas