Novo recoñecemento como Deportistas Galegos de Alto Nivel para Édgar Vigo e Fátima Ameneiro

Os feneses obteñen este recoñecemento por 5 anos tras ser subcampións de Europa FIA ERT en 2023

Fátima Ameneiro e Édgar Vigo, son deportistas especiais. Desde que comezaron a súa carreira deportiva a unha idade tardía no Campionato de Galicia de Rallyes, 24 anos, sempre demostraron unha capacidade de resistencia e adaptabilidade ás súas circunstancias incrible, que lles levou a lograr grandes éxitos. Non comezaron en competición ata que non finalizaron os seus estudos e viron que era viable unha empresa tan complicada como é o deporte de competición. Desde aquela, estiveron competindo durante 20 anos ininterrompidamente e en todos eles, foron capaces de ir mellorando os seus resultados e conseguindo títulos cada vez máis importantes: primeiro autonómicos, despois estatais e desde hai uns anos, continentais.

En 2014, primeiro ano dos feneses no Campionato de España de Rallyes de Asfalto de Grupo N, Fátima logrou o seu primeiro recoñecemento como Deportista Galega de Alto Nivel (DGAN), logo de proclamarse subcampioa de España de Copilotas. Despois disto, en 2015, tras a obtención do Campionato de España de Rallyes de Asfalto de Grupo N, Édgar logrou o seu primeiro recoñecemento e Fátima, prorrogou o seu, do mesmo xeito que en 2016, tras ser campioa de España de Copilotas en Rallyes de Terra.

En 2020, Édgar e Fátima deron o salto ao Circuíto European Rally, nun ano marcado pola pandemia. Tanto nese ano, como no seguinte, obtiveron a vitoria absoluta, pero ao tratarse dun certame non auspiciado pola FIA (Federación Internacional de Automobilismo), non se consideraba válido para a obtención do recoñecemento. E é en 2023, tomando parte no FIA European Rallye Trophy, cando o seu subcampeonato de Europa devólvelles a condición de DGAN, motivo polo que se mostran moi felices e satisfeitos.

Foto e info: Scratch Fene

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas

Lucía Rivas: de verde a laranxa

Lucía Rivas finalizou a súa etapa no conxunto verde do Valdetires para enfundarse o laranxa dun Viaxes Amarelle no que compartirá vestiario con coñecidas como

Álex Permuy: cumprindo un soño

Falar de Smash Padel 4 é falar do seu fundador Álex Permuy e unha vida plenamente dedicada ao deporte, coñecido polo seu pasado futboleiro (Numancia