FORMACIÓN: «Aprende a través del Surfing»

Hoxe e mañá terá lugar a formación para o monitorado de surfing das escolas adheridas ao proxecto «Aprende a través del surfing» que imparte a Federación Española de Surfing e Surf and Clean. O evento terá lugar en Boaola Surf Escola, na praia de Razo.

O seminario DEAN (Defensa dos espazos acuáticos naturales) vai destinado a xerentes e direccións deportivas de escolas náuticas e ten o recoñecemento do Concello Superior de Deportes. Trátase dunha formación de 16h presencial que compleméntase cunhas prácticas reais con alumnado do proxecto durante os meses de marzo a xuño. Habilita ás escolas de surfing para poder formar parte do proxecto educativo-deportivo «Aprende a través del surfing».

Esta é a 3º Edición do seminario que vai habilitar novas escolas de surfing de Galicia e Asturias no proxecto. As escolas xa habilitadas tamén estan invitadas a participar, pois un dos obxectivos principais é facer comunidade. En total xuntaranse 8 escolas de surfing nunha fin de semana que promete ser intensa.

O seminario leva outro evento asociado, pois o alumnado destas xornadas (directores/as deportivos das escolas de surfing) vai deseñar unha actividade na praia para o profesorado dos centros educativos adheridos ao proxecto: Cra, Ceip, Cpi e IES.

A mañá do domingo adicarase a impartir unha formación para o profesorado voluntario, máximo 10-12 prazas, de colexios de Camariñas, Laxe, Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Malpica de Bergantiños, A Laracha e Carballo que virán facer a xornada.

Información e imaxes: @aprendeatravesdelsurfing @concellodecarballo

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas