O Concello de Laracha recibiu aos deportistas máis destacados do club SAL no campionato de España cadete celebrado en Laxe.
José Manuel López Varela, alcalde da Laracha, recibiu no Concello aos deportistas máis destacados do Club de Salvamento Acuático Laracha (SAL) nos campionatos de España de verán en categoría cadete celebrados recentemente na praia de Laxe.
O rexedor municipal felicitounos polos éxitos representando tanto ao club como ao Concello da Laracha e, máis aló dos resultados, tamén valorou o esforzo dos deportistas e o papel da entidade para a promoción desta disciplina no termo municipal.
Os resultados máis destacados foron os seguintes:
- Club SAL: 3º clasificado na suma de puntos do Campionato de España.
- Club SAL: 3º clasificado na proba rescate con táboa e salvamento coa parella formada por Eloy Ferreiro e Anxo López.
- Anxo López: subcampión de España na proba de bandeiras.
- Eloy Ferreiro: 3º clasificado en bandeiras e campión da Copa de España nesa mesma proba.