A entidade quere iniciar un novo proxecto deportivo con xogadoras da cidade e da comarca.
A Fundación Gadesport e O Parrulo Ferrol queren iniciar un novo proxecto deportivo na cidade, creando unha Escola de Fútbol sala Feminino, co obxectivo de facer crecer a estrutura da entidade, fomentando a igualdade no fútbol sala, a través da filosofía xa coñecida de O Parrulo Ferrol neste deporte, na aposta pola formación.
Para dar o primeiro paso, xa está aberto o prazo de inscrición para xornadas de portas abertas gratuítas que terán lugar os venres 8, 15, 22, e 29 de xullo, no Pavillón da Malata.
Estas xornadas de portas abertas terán dúas franxas horarias por idades:
De 16:30 a 17:30 horas: Chupete, prebenxamín, benxamín e alevín (nadas entre 2013 e 2018).
De 17:30 a 18:30 horas: Infantil e cadete (nadas entre 2007 e 2012).
Estas xornadas estarán dirixidas pola adestradora Pili Costa, acompañada de adestradores titulados da Escola de Fútbol sala de O Parrulo Ferrol.
Como inscribirse nestas xornadas de portas abertas?
Facendo chegar nome, apelidos, idade e teléfono de contacto ao 671 113 550 ou en escuela@oparrulofs.es.
Información e imaxe: O Parrulo Ferrol