O Bergantiños FC, actual campión do torneo, e o CF Noia, campión de liga de Segunda Autonómica, disputarán a final da II Copa da Costa feminina. Ambos os conxuntos partían como favoritos nunha competición en que que tomaron parte seis formacións.
O equipo carballés, que adestran Gueli Cotelo e René Díaz Vila, entrou en competición en semifinais, rolda na que apeou ao Unión Deportiva Cerqueda, mentres que o CF Noia, de Juan Moreiras “Banana”, disputou un encontro máis, correspondente á eliminatoria previa, que o fixo fronte ao UC Cee, e despois en semifinais fronte ao Xallas CF.
Nas semifinais, as noiesas sufriron máis do esperado, xa que os conxunto xalleiro, de Rupper, logrou igualar a eliminatoria (3-0, na ida 3-0) e despois caeu finalmente no lanzamento desde o punto de penalti, por 3-4. Mentres tanto, as carballesas de Gueli Cotelo e René Díaz, volveron golear, esta vez por 6-0, xa que na ida vencesen por 3-0 á UD Cerqueda.
O Bergantiños FC conquistou a primeira edición, na que se impuxo a As Miúdas, de Muros, e agora volve partir como favorito, aínda que a formación de Noia tamén mostrou que é un candidato serio e que poderá poñer en apertos ás carballesas, xa que o título xógase a partido único.
GOLEADORAS: A CARBALLESA NOE AMARELLE, CATRO TANTOS
Á final chega destacada a xogadora do Bergantiños FC, Noe Amarelle, que leva 4 goles, dos 9 que marcou o seu equipo. As restantes xogadoras do Bergan que anotaron no torneo do KO foron: Cruz 2, Inés González 1, Tati 1 e Carla 1. Mentres tanto, o CF Noia ten máis repartidos os seus 8 tantos anotados: Sandra Dosil 2, Adriana Quintáns 2, Noelia Mayo 2, Celia Gómez 1 e Alba Trillo, do Cee, en propia meta.