GABRIEL CASTIÑEIRA E MAR DELGADO

Ambos se impuxeron con autoridade no XXII Dúatlon de Reis Concello de Vimianzo e conseguiron os títulos de campións galegos de cros 2021

Gabriel Castiñeira Pais, do Club Triatlón Costa da Morte, e María del Mar Delgado González, do Club Triatlón Ferrol, proclamáronse en Castromil-Salto (Vimianzo) campións galegos de duatlón cros 2021. O tempo invertido polos vencedores foron 1:23:04 e 1:48:55, respectivamente. Ademais do campionato autonómico disputouse a XXII Duatlón de Reis Concello de Vimianzo, no que
ambos tamén foron os vencedores.

A cita reuniu a máis dun centenar, concretamente foron 103 dos 119 rexistrados (92 na categoría masculina e 11 na feminina). A xornada estivo marcada pola choiva, principalmente, ao comezo e final da competición. A organización correspondeu ao Concello de Vimianzo, Federacion Galega de Tríatlon e Pentatlón Moderno e ao Club Tríatlon Costa da Morte. Na cita houbo un operativo de setenta persoas, ademais dos voluntarios estiveron representadas as dotacións de Protección Civil de Vimianzo, Muxía, Dumbría e Corcubión. Tampouco faltou a Cruz Vermella. Con Gabriel Castiñeira (Vimianzo1990), que conseguiu o seu primeiro título, subiron ao podio absoluto masculino Marcos Mayo Figueira, do Club Triatlón O Treito, e Adrián Rojo Luaces, do Triatlón Inforhouse Santiago.

Na categoría absoluta feminina acompañaron a subir ao podio a Mar Delgado (Valdepeñas-Ciudad Real, 1989), que logó o seu cuarto título ao sumarse os dos anos 2017, 2018, 2019 e 2021, Ana María Vilas, do Club Triatlón Compostela, e Amira Simón Martínez, do Club Triatlón Coruña.

Os participantes tiveron que realizar tres tramos: 5,4 quilómetros a pé, 21 en bicicleta e 3,6 a pé.

 

O soneirán Gabriel Castiñeira

 

A manchega Mar Delgado

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas