O pasado sábado 5 de abril tivo lugar en Lugo o Campionato Galego Infantil e Cadete. Os mellores judocas de Galicia citáronse nesta competición que, para algúns, supoñía a chave para clasificarse para o Campionato de España da súa categoría.
A AD Judo Ferrolterra acudiu con 12 judocas, entre infantís e cadetes.
En infantís, destacar a gran competición do naronés Hugo López Pereira que se alzou coa medalla de ouro en -42kg, e así reafirmou a súa clasificación ao Campionato de España, para o cal xa estaba clasificado ao ser o primeiro na Clasificación Nacional de Copas.
O eumés Xabi Allegue realizou unha gran competición demostrando a súa mellora ao longo desta tempada, quedando subcampión galego en -50kg. Realizaron tamén unha gran competición Alba Bollo, Iago Miño e Marcelo Eibe, conseguindo os tres o bronce nas súas respectivas categorías, -48kg, -38kg e +66kg. Tamén nesta categoría participaron Xabi Mauriz (+66kg), Xoel Siso (-60kg) e Xeila Herrera (-52kg) perdendo a medalla de bronce e quedando nun meritorio 5º posto. Ary Rodríguez (-57kg) quedou en sétima posición. Alba Bollo e Xoel Siso quedaron ás portas da clasificación para o Campionato de España.
Pola súa banda, os cadetes realizaron unha moi boa competición, na que o eumés Xabi Leira (-73kg) fíxose co subcampionato galego, perdendo unicamente a final con Daniel López Romay. En competición cadete feminina, Amelia Tenreiro (-70kg) conseguiu o bronce, e Lucía Soto (-48kg) non puido pasar dun quinto posto.
Estiveron como técnicos do Club, Alberto López “Pitu” e Mario Tenreiro, así como Alberto Castro que forma parte do equipo Técnico da Federación Galega. E como árbitro do club, Armando Castro.
Info e foto: AD Judo Ferrolterra