Hugo López foi campión da Supercopa de Judo de Avilés

Esta fin de semana disputouse en Avilés a Supercopa de España de Judo en categoría cadete e infantil.

O AD Judo Ferrolterra desprazouse con 6 judocas de categoría cadete e 6 de categoría infantil. En cadete, o club non tivo un bo día e Xavier Leila, Carlos Botana, Iria Martínez, Amelia Tenreiro, Lucía Soto e Rosario Robaina non puideron pelexar polas medallas nesta ocasión. En categoría Infantil os mozos judocas do club estiveron máis acertados conseguindo un ouro, un bronce e un quinto posto.

Hugo López realizou unha gran competición na categoría de -46 kg, impoñéndose nos seus 6 combates por Ippon. A final foi contra o mesmo rival que en Santander (Thiran Keian de Valencia) e volveu resolver con vitoria demostrando a súa evolución en competición este último ano.

Pola súa banda, a nova judoca fenesa Alba Bolo, na categoría de -48 kg, gañou 4 dos seus 5 combates impoñéndose, entre outras, á actual Campioa Galega, Paula Trabado. En semifinais perde contra a judoca de Castela León, Sara Lázaro, obtendo novamente unha meritoria medalla de bronce.

O tamén infantil Xoel Siso realizou unha gran competición gañando as súas 3 primeiros combates e perdendo o pase á loita pola medalla de Bronce con Darío Pérez de Asturias, ao cabo campión do peso de -60 kg.

Doutra banda, Iago Miño (-38kg), Marcelo Eibe (+66kg) e Xabi Allegue (-50kg) non puideron pasar o corte das ligas previas para loitar polas medallas.

Tamén houbo competición en categoría Junior (Torneo Villa de Avilés), onde participaron os judocas Bruno Carrodeguas e Pablo López. Bruno Carrodeguas realizou unha gran competición, perdendo o pase á final e loitando pola medalla de Bronce, que tamén perdeu, quedando nun gran 5º posto. O seu compañeiro Pablo López perdeu o primeiro combate e non tivo opción a repesca.

Os judocas estiveron dirixidos polos profesores do club, Alberto Castro e Alberto López “Pitu”.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas