O club larachés organizará o evento da zona norte este sábado 28 de setembro de 9:30 a 14:30 no pavillón Municpal da Laracha.
Trátase dunha proba federativa oficial á que acudirán preto de cen patinadores da provincia da Coruña, donde executarán o seu programa para acadar o seguinte nivel.
Tomarán parte no evento catorce clubs de patinaxe de toda a provincia: Escola Lubiáns, Club Patiart, CP Aura, CD Fervello, CPA Inercia, CPA As Pontes, CP Lenda, CPA Brincadeira, CPA O Corgo, CP Alquimia, CPA Costa da Morte, CP Axel, Club Compañia de Maria e o clube organizador, CP Conxuro A Laracha.
O club anfitrión presenta a 14 das súas patinadoras, estando no nivel 4 Carmen García, Lucía García, Valeria Couto, Hugo Pensado e Candela Tuset; no nivel 5 Sofía Bella; no nivel 6 Mía Muñiz, Shaila Ares, Jimena Felípez e Daniela Antelo; no nivel 7 Elena Olveira e María García e no nivel 9 Lara Roca, e no nivel 9 Lara Roca e África Rodríguez.
Esta proba organizada polo club larachés é convocada pola Federación Galega de Patinaxe e conta coa colaboración do Concello da Laracha, a Deputación Provincial da Coruña, Deporte Galego e os patrocinadores Argalla e Maluca Lobe.
Na xornada do sábado 5 de outubro, o clube organizará tamén o campionato correspondente a III Fase Niveis (Niveis 1 ao 3) onde participarán máis de cen patinadores.
Info e foto: CP Conxuro A Laracha