Hugo López realizou un gran Campionato de Europa

Hugo López Pereira, da Agrupación Deportiva Judo Ferrolterra, realizou un gran Campionato de Europa Cadete o pasado luns en Gran Canaria.

O deportista naronés disputou o seu primeiro Campionato de Europa, representando a España na categoría de -50 kg. No campionato disputado no Gran Canaria Arena, Hugo López realizou unha gran competición, quedando a un combate das medallas. Gañou no seu primeiro encontro ao lituano Dobrovolskis e, na segunda rolda, impúxose ao francés Lahrifi, meténdose nos cuartos de final ante o neerlandés Heimans, cedendo nun intenso combate e pasando á repesca, onde se enfrontou ao italiano Ismael Mehabra, á postre medalla de bronce.

Gran competición de Hugo López, que no seu primeiro ano na categoría cadete consegue participar nun Campionato de Europa, rematando finalmente na novena posición.

Info e foto: AD Judo Ferrolterra

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas