O servizo municipal de deportes despediu a un dos seus membros máis veteranos.
Fernando Macías, traballador de Carballo Deporte dende o ano 1992, inicia unha nova etapa vital despois de tres décadas dedicadas á promoción da actividade física e da saúde do concello carballés.
No acto de despedida acompañárono o alcalde de Carballo, Daniel Pérez; o concelleiro de Deportes, Daniel Barreiro; e a concelleira de Persoal, Belén Lendoiro, e compañeiros e compañeiras do departamento que quixeron trasladarlle o seu agarimo.
Dende o Concello de Carballo agradecéronlle publicamente a dedicación ao longo de toda a súa vida laboral ao servizo da veciñanza.
Moitas grazas polo teu labor e os mellores desexos nesta nova etapa!
Info e foto: Concello de Carballo




