O judoca naronés Hugo López Pereira conseguiu a medalla de bronce no Campionato de España Infantil disputado en Huesca, na categoría de -46 kg.
Hugo López de desprazou a Huesca formando parte da Selección Galega da categoría infantil e como número uno da Clasificación Nacional de Copas de España.
Afrontaba devandito Campionato co obxectivo de pechar a tempada no Podium dos mellores judocas de España. Realizou unha gran competición, perdendo en semifinais co judoca valenciano Daniel García Dutor, ao cabo Campión. É o único combate que perdeu Hugo nas competicións oficiais esta tempada. No combate polo bronce impúxose ao madrileño Elías López.
A súa compañeira de club, a fenesa Alba Bolo, perdeu no primeiro combate sen opción a repesca.
Acompañou aos judocas, como técnico da Federación Galega, Alberto Castro.
Info e foto: AD Judo Ferrolterra