A semana pasada o Concello de Valdoviño celebrou a IV edición da Gala do Deporte.
O acto foi conducido polo xornalista Raúl Salgado, que tamén foi parte do xurado xunto a Juan Quijano, do Diario de Ferrol, e Adán Puentes, de Galicia Ártabra. Tamén se contou coa actuación de “Maio” con Lorena Hermida e Jorge Casas, ademais do humorista local Jorge Baleo.
O capitán e xogador do Basketmi, Miguel Romero, recibiu o galardón (unha placa coa imaxe da costa de Valdoviño) ao mellor deportista do municipio. Os outros premiados foron: Irene Vázquez e Miguel Suárez (atletismo), Lidia Bellón e Nerea Penabad (baile deportivo), Hugo Piñón (balonmán), Ana Pena (bodyboard), Nicolasa González e Erik Iglesias (caza deportiva), Natalia Veiga e Christian Rodríguez (fútbol), EFB Amistade (mellor equipo), Mario Tenreiro e Amelia Tenreiro (judo), Yolanda Hermida e Samuel Franco (kaiak polo), Hugo Dopico e Lucía Núñez (kickboxing), Mario Maneiros (natación), Vera Lamas (natación artística), Aldara Ferreira (patinaxe artística), Francisco José Vilar e Sandra Dopico (pesca deportiva), Cristina Rodríguez e Iván Sedes (remo), Rosalía Pico e Bruno Martín (surf), Celia Sanz (tenis de mesa), e Hugo Prida e Sabela Caneiro (dúatlon/tríatlon).
Tamén recibiron mención especial: Marcos Casal e Francisco Gordillo (mellores adestradores de fútbol), Adrián Orjales (superación no deporte), Adrián Santalla (traballo e dedicación), Lucía Villarnovo (promesa feminina), Unay Ameneiros (promesa masculina), Alicia Fernández (traxectoria internacional), CPI Atios (transmisión de valores no deporte), Freddy e Zenobie García (esforzo e perseveranza) e José Manuel García (éxitos deportivos).
Foto: Niko Sánchez