Presidente do Comité Galego de Adestradores, director da Escola Galega, seleccionador galego e directivo do Comité Nacional de Adestradores
Iván Cancela Rodríguez (Tordoia, 1982) é unha das persoas que máis kilómetros fai ao longo da semán dende que en xuño de 2018 é o presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola Galega, así como seleccionador Galego. É, recentemente, directivo do Comité Nacional de Adestradores da Real Federación Española de Fútbol. Iván é unha persoa inqueda e sempre disposta a aprender. Foi xogador e adestrador. O fútbol é unha parte importante da súa vida, conxuntamente coa súa familia. E fixo dende o primeiro momento unha labor intensa nos diferentes cargos que ocupa tanto na Real Federación Galega de Fútbol como tamén no organismo nacional. Iván é una persoa cercana, que lle gusta falar e escoitar a todos. É fácil velo en calquera campo ollando partidos, estando en charlas ou presentacións. A dedicación é total. Na súa axenda non queda ocos valerios. Sempre en funcionamento e sempre disposto a estar alí onde se lle requira.
PRESIDENTE DO COMITÉ GALEGO DE ADESTRADORES
Como xorde a posiblidade de ser presidente dos adestradores?
Foi una proposta que me fai o presidente Rafael Louzán. Estou moi agradecido tanto a él, como a súa xunta directiva por confiar en min. Foron case 2 anos, en xuño do 2018, moi intensos e moi enriquecedores.
Que supuxo a nivel persoal?
Unha oportunidade única e impensable no pasado. Síntome un privilexiado por poder chegar aquí. Ó mesmo tempo supón unha gran responsabilidade por todo o que conleva.
Que foi o máis complicado?
Foi o de adaptar a nosa Escola á unificación imposta dende a Escola Nacional. Está sendo una tarefa ardua e nada sinxela, pero confiamos que positiva na progresión da formación no fútbol.
Custou moito deixar de adestrar?
En parte sí. Disfrutei o día a día cos meus equipos. Levaba moitísimos anos adestrando a base e modestos sen pausa e tiven a sorte de estar en clubes onde o trato foi boísimo (Xallas CF, SD Dubra, Sp. Zas e SD Sofán) e onde contei con grandes grupos profesionais e humáns.
Que función ten?
O primeiro que fixen foi aterrar e poñerme ao día da maneira máis áxil posible. Visitei tódalas delegacións galegas e tiven moitas reunións para escoitar e coñecer impresións. Tiña claro, dende a miña entrada, que o Comité e a Escola tiñan a ir da man e que os representantes galegos de estes dous órganos tiñan que ser os mesmos.
Márcase algunha meta?
O obxectivo xeral é que os adestradores sintan o noso apoio e axuda, sen esquecer que están dentro dun contexto e que hai uns dereitos, pero tamén unas obrigas que cumprir.
Como está o nivel de adestradores en Galicia?
Teño constancia que o nivel de adestradores en Galicia é moi bo e que seguen unha evolución constante. Pero temos que facer autocrítica e intentar mellorar.
E na Costa da Morte?
Pois o nivel na Costa da Morte tamén mellorou moito. Hai adestradores moi preparados. A federación conseguiu chegar nos últimos tempos, con Silvia Cancela e Manolo Corredoira como grandes valedores. Temos tamén a nosa subdelegación de árbitros, algo impensable fai anos e que está realizando unha gran labor con Víctor Recarey ao frente. Ademais, tiven o respaldo absoluto da Costa para defender e apoiar o noso fútbol na Federación Galega e non o esquecerei.
Este bo momento, a que cre que se debe?
Penso que a Federación Galega apostou nestes últimos anos pola mellora, tanto a nivel cantidade como calidade, do noso fútbol. Conseguiu chegar a todos os puntos de Galicia na formación de adestradores. Este é o pilar fundamental. Pero hai unhas bases debaixo disto: mellora das instalacións, axudas, melloras competicionais, etc.
Recorda o primeiro acto?
E tanto, foi o dia da miña presentación no salón de actos da Universidade da Coruña: 8 de xuño do 2019. Estou moi agradecido que estivesen Garitano, Garagarza e Manu Sánchez. Foi un día moi especial e emotivo.
Que número de adestradores hai en Galicia?
Pois moitísimos. Pasa de 3500 adestradores colexiados entre fútbol sala, fútbol, fútbol gaélico e fútbol praia. Observando só o número de adestradores, dámonos conta da nosa responsabilidade.
DIRECTOR ESCOLA GALEGA DE ADESTRADORES
Que representa ser o director e funcións?
Ó igual que o Comité, un privilexio e o mesmo tempo una responsabilidade intentar que a formación reglada dos adestradores galegos sexa óptima. Continuar chegando a todos aqueles que desexen conseguir titulación é moi importante e intentar seguir nunha boa liña.
Nesta parcela estase a traballar ben?
Sí. Contamos con bos mestres e delegados en cada sede, pero temos que seguir mellorando e intentar que o nivel do profesorado sexa o mellor posible é sigase actualizando. É moi importante adecuar contidos, usar boas ferramentas, coidar os pequenos detalles e buscar evolucionar na formación no fútbol sala, que está recén chegado á nosa federación. E como non, sen olvidarnos de traballar polo Fútbol Praia e o Gaélico. Ábrese agora un novo horizonte, xa que se unificou todo a nivel nacional.
Os adestradores están concienciados que teñen que ter título para adestrar?
Cada vez máis, de aí o gran número de titulados nestes últimos anos. Saben todos da obrigatoriedade de ter o título para poder dirixir. E non só titularse, senón actualizarse, xa que a evolución o require.
ADESTRADOR SELECCIÓN
Non puido comenzar con mellor pé?
Realmente nin nos mellores soños imaxinaba que o primeiro ano ó cargo da Selección poidésemos proclamarnos campións de España. Nós cremos que é un premio para todo o fútbol galego, non só para os xogadores ou o corpo técnico. Isto vai para directivos, adestradores, seareiros, etc.
Complicado formar una selección galega de afeccionados?
É algo moi complexo. Hai un alto número de xogadores non seleccionables. Aqueles que tiveron ficha profesional nalgún momento, os que non levan dous anos naturais ininterrompidos na territorial, os que xogaron algunha competición profesional ou rexida pola UEFA, os que pertencen a equipos filiais ou dependentes. Ademáis a nosa Terceira é unha categoría moi forte a nivel estatal, con moi bos xogadores e non é fácil a toma de decisión.
Onde radicou a clave do éxito acadado?
Son moitos os factores que interviron para lograr o éxito. Conseguimos facer un grupo moi competitivo e humano. O grupo de traballo foi tamén factor clave: director deportivo, adestradores, fisios, médicos, delegados, comunicación, etc., contamos cun equipo moi currante, cunha predisposición moi boa. Non esquecernos que a RFGF aposta polas súas seleccións, poñendo na nosa man moitos recursos para facilitar a nosa labor.
Como desenvolveu a competición?
De antemán éramos conscientes de que en poucos partidos nos xogamos moito e que todo o traballo realizado ponse en escea en pouco tempo, só valía gañar ou gañar. Fomos moi solventes durante todo o campionato de feito, agás contra Euskadi que nos marcaron o 3-2 na última xogada do partido, gañamos todos os partidos por máis de un gol. Non é por ser ventaxista agora, pero na última fase antes de xogar a semifinal contra Baleares díxenlle ós xogadores que si non saíamos gañadores era un fracaso.
Que foi o primeiro que lle veu á cabeza tras conseguir o título en Madrid?
Pois sinceramente sentinme un privilexiado e recompensado polas horas e esforzo que lle adiquei ó fútbol. Acordeime da miña familia e tamén dos meus amigos, da xente que me deu oportunidades no meu camino.
EU
- Nome: Iván Cancela Rodríguez.
- Nacemento: 11-07-1982 (Anxeriz-Tordoia).
- Estudos: Maxisterio en Santiago de Compostela.
- Xogador: SD Dubra, Tordoia, Santa Comba, Chaián y Xallas.
- Adestrador: categorías base SD Dubra, feminino SD Dubra (2003-2004), Xuveniles Liga Galega SD Dubra (2006-2007), Xallas FC (2010-2012), SD Dubra (2012-2013), Sporting Zas (2013-2015), Xallas FC (2015-2017), SD Sofán (2017-2019), Selección Galega (2019).
- Estado: Casado con Noelia.
- Domicilio: Vivo en Cabana de Bergantiños.
- Fillos: 3 (Marco, Saúl e Luca).
MOI PERSOAL
- Signo: Cáncer.
- Aficións: Todos os deportes en xeral e pasear coa familia.
- Comida favorita: Paella.
- Coche favorito: Mercedes GLE.
- Número favorito: 5.
- Color favorito: Verde.
- Manía: o orden estricto, que se convirte nun defecto moitas veces.
- Autor literario: Virtu Morón.
- Actor: Roberto Benigni.
- Película: La vida es bella.
- Programa TV: Callejeros.
- Persoas importantes: A Familia.
- Equipos favoritos: Real Madrid e todos os galegos.
- Gústalle viaxar: Gústame viaxar pero pouco o podo facer.
- Adestrador que admiro: Diego Martínez. Creo que é un dos adestradores máis completos do fútbol español, a parte de ser unha persoa extraordinaria.