SEVERINO AMARELLE, un home do deporte e para o deporte

Severino Amerelle creou o Viaxes Amarelle FSF de fútbol sala feminino no ano 1997 e agora mobiliza máis de 150 fichas federada

Aludir a Severino Amarelle García (Santa Comba, 1937) é falar dun home do deporte e para o deporte. A vida deste personaxe vira ante a súa gran paixón, o deporte, e de forma especial do feminino, despois de formar parte como xogador e máis tarde como presidente do Xallas FC, para crear en 1997 o hoxe recoñecido e renombrado Viaxes Amarelle FSF. Severino Amarelle adoita escapar dos focos e refúxiase a un segundo plano, co que quere dar sempre valor ao proxecto do que sente orgulloso como é un equipo feminino de fútbol sala que o levou ás cotas máis altas a nivel nacional. Pero esa árdua labor non foi un camiño fácil.

Desde aqueles inicios pasaron 24 anos. Severino Amarelle foi futbolista do Xallas FC entre os anos 1957 e 1960, cando o equipo quedou dúas veces campión comarcal. Despois tivo a honra, conxuntamente con José Suárez Suárez, “Raxo”, de fundar o Xallas FC no ano 1965, polo que debutou na liga da Costa, na súa terceira edición, a campaña 1965- 1966. Seguidamente comezou a chegar unha etapa brillante no club con catro títulos da Copa da Costa: 65-66, ante o Muxía; 66-67, fronte ao Puenteceso; 68-69, co Buño, e 69-70, ante o Negreira. En 1983 Severino crea o equipo de Veteranos do Xallas FC. Tres anos máis tarde proliferan os torneos de fútbol sala e por esa razón forma o Amarelle Sport.

Uns anos nos que enfrontouse aos míticos Loureda, Laranxas Ibáñez ou Rosaleda. Un cambio importante lévao a cabo Severnino Amarelle creando en 1997 un equipo de fútbol sala feminino, algo que rompeu moldes. Desde ese momento o Viaxes Amarelle FSF competiu en ligas da Costa e provinciais. Con esta campaña leva cinco tempadas en Primeira División Nacional de fútbol sala.

Severino apostou moi forte desde ese momento polo deporte feminino e foi, desde logo, un dos seus máximos precursores. Os títulos son moitos e importante ao longo de todos estes anos por parte dos diferentes equipos que foi formando cada campaña. Non só conta co conxunto estandarte, senón que Viaxes Amarelle FSF ten un segundo equipo sénior e de base como nas competicións de benxamín, alevín, infantil e cadete.

Todo iso fai que mova máis dun centenar fichas federadas feminina, ás que habería que engadir preto de sesenta de Deporte Escolar, tamén en competicións prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, xa que pertencen ás Escolas Deportivas Municipais de Santa Comba. Outra faceta destacada que sempre imprimiu Severino Amarelle foi o desenvolvemento nas redes sociais, polo que é fácil comprobar información das distintas formacións en Twitter, Facebook ou Instagram.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas