Jesús Bernal: o sorriso dunha lenda

As Cabazas contou coa presenza dun dos atletas máis queridos e respectados de Ferrolterra como é Jesús Bernal.

Co seu eterno sorriso e bo humor, Jesús segue incrementando a súa lista de participacións nas carreiras, sumando a 2541 no LVII Trofeo Joaquín Romero – VIII Memorial.

Tras a proba ferrolá, Jesús completou o seu itinerario de febreiro acudindo a lugares como Padrón, Posada de Llanera, Trazo, Lugo, Vedra, Gijón e A Coruña, onde chegou a 2551 carreiras ao longo da súa vida.

Ademais das terras galegas, Jesús tamén ten marcadas na súa folla de roteiros algunhas saídas durante o mes de marzo e abril a Villamandos, Pola de Laviana, Gijón e Cacabelos.

Jesús Bernal é todo un exemplo do que pode lograr un gran deportista cando leva unha vida sa, ama o deporte e mostra paixón e vontade naquilo que realiza.

 

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas