JORGE LAMAS: A tempada da Escola Lubiáns

O adestrador do Escola Lubiáns di: “Ata o de agora a valoración do equipo é positiva. Estamos nos postos de arriba”.

O Escola Lubiáns pecha o ano 2021 como líder do grupo norte da OK Liga Bronce de hóckey sobre patíns e faio na tempada do seu debut nesta categoría. Conclúe parte da competición co peche do 2021 e quedan catro xornadas da primeira volta, polo que é momento de realizar unha análise do vivido ata o momento co adestrador carballés, Jorge Lamas López, “Cholo” (A Coruña, 1986).

Que valoración fai do que vai de tempada?
Ata o de agora a valoración é positiva. O equipo está nos postos de arriba, soubemos sacar puntos moi importantes na casa como os do Oviedo Roller e o Areces Pavitek, e tamén fóra da casa. Penso que foi crucial para o ánimo do equipo comezar gañando o primeiro partido, e iso tirounos cara arriba. O equipo está a demostrar que é capaz de competir todo, que é o importante. O plantel vaise entendendo e os rapaces máis novos van collendo confianza. Están a saír as cousas ben e iso é o que debe motivarnos para tratar de poñernos obxectivos máis altos. A partir de aí, espéranos unha volta despois do Nadal na que imos ter que traballar duro e loitar para tratar de seguir aí arriba e ver se somos capaces de seguir soñando.

O mellor ata este intre?
A viaxe a Bilbao para xogar contra Jolaseta. Despois do partido puidemos quedar alí e valeunos para facer familia, para coñecernos mellor e gozar uns dos outros. Disfrutamos como ananos. Estas cousas para un equipo como o noso, con moita xente nova, con xente moi veterana e xente moi nova, son fundamentais e son cousas que despois, aínda que pareza que non, nótanse moito na pista. Unha dás claves para que compitamos ben nos partidos pasa porque sexamos capaces de resolver fóra dá pista os problemas que poidan ir aparecendo dentro dela. Para min é a base para facer funcionar calquera equipo.

Que foi o peor?
A derrota fronte o Raxoi. Por desgraza foi un partido no que non saíron nada ben as cousas, nin aos xogadores nin a min, que creo que me equivoquei nalgunha decisión. Pero é deses días nos que parece que todo vai do revés. Xa dende pola mañá estivemos pendentes de Mikel que se levantou con febre, e aínda que deu negativo na proba Covid, a febre seguía subíndolle, e finalmente tivo que ser baixa por prevención. Castro non puido entrar por unha luxación no dedo, e máis cousas, pero bo, non gústame buscar escusas, perdemos porque non merecemos gañar e o Raxoi fixo mellor partido ca nós. Aínda así, fomos capaces de competir ata o final do partido, que iso tamén é importante. Hai que buscar unha lectura positiva aínda nos peores partidos e pensar sempre cara adiante. Centrarse nas solucións de futuro e non nos erros pasados.

A piques de rematar a primeira volta, ¿pensase na segunda?
Aínda faltan uns partidos para rematar a primeira volta, pero sen dúbida o primeiro partido da segunda volta témolo marcado en vermello no calendario. Visitaremos a pista do Roller, cancha pequena, complicada e contra o que probablemente sexa o mellor equipo da liga. Pero partido a partido, primeiro Tenis Santander, despois Ordes, despois Telecable, para chegar ao Roller. E o dito, á volta do Nadal a traballar duro e loitar ata o final, para tentar seguir arriba e pelexar, que o que está claro é que calquera partido pódese complicar nesta liga.

Compartir:

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn

Novas relacionadas